domingo, 1 de diciembre de 2019

INAUGURACIÓN "AS PEGADAS NAS PEDRAS"

Hoxe, 1 de decembro, inauguramos o roteiro arqueolóxico no barrio do Pantaño. 

AS PEGADAS NAS PEDRAS tamén é un caderno de campo para facilitar a visita a tódolos gravados rupestres da parroquia de Louredo e outros xacementos arqueolóxicos da parroquia de Mós.

Pouco a pouco, iremos publicando aquí o contido do caderno, e toda a información relacionada co patrimonio destas dúas parroquias que descansan aos pés da serra do Galleiro que os veciños nomean monte Saramagoso.

Pero nesta primeira entrada imos poñer unhas fotos de como foi este día de inauguración. A instalación da sinalización e a presentación do caderno no interior da Capela de San Gregorio, un santo que, como veremos, naceu nun outeiro hai 4.000 anos e deixou as súas pegadas nas pedras.


Panel informativo no inicio do roteiro.
Instalación dos sinais
Instalación do panel informativo.



Instalación dos sinais.
   

Descubrindo o panel informativo.

Descubrindo o panel informativo.

No interior da capela.
No interior da capela.
Presentación do caderno de campo.


Presentación do caderno de campo.

 Moitas grazas ao medio cento de persoas que acudiron hoxe á Capela de San Gregorio.

INAUGURACIÓN "AS PEGADAS NAS PEDRAS"

Hoxe, 1 de decembro, inauguramos o roteiro arqueolóxico no barrio do Pantaño.  AS PEGADAS NAS PEDRAS tamén é un caderno de campo par...